NOVOS TEMPOS EN AS PONTES

Valentín González Formoso, afiliado dende os dezasete anos ao Partido Socialista, asumiu a Secretaría Xeral do partido nas Pontes, que pasou de ser das últimas agrupacións socialistas por número de afiliados, a ser hoxe a 5ª da provincia de A Coruña.

Participou como candidato nas pasadas eleccións Autonómicas polo PSdeG - PSOE, eleccións que posibilitaron o cambio de goberno na Xunta de Galicia. Foi asesor do actual Conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez. Ten unha gran preocupación polo futuro laboral dos rapaces ponteses e por acadar expectativas de xeración de emprego de calidade. Así mesmo, considera importante ofrecer unha alternativa política ós veciños de As Pontes.

O protagonismo político do PSOE nos últimos anos, tanto no ámbito rexional como estatal, aconsellaban un cambio tamén no ámbito local. Feito que os veciños e veciñas tiveron en conta na hora de depositar o seu voto. Moitas gracias!

O PSOE gobernando nas Pontes posibilita unha maior fluidez nas relacións entre o Concello e as outras Administracións, o que supón máis apoio para a realización dos compromisos adquiridos e mellores respostas ás nosas demandas.

 

<< INICIO